Blog de aulaverde

Blog educación infantil

El niño tiene cien lenguajes, cien manos, cien pensamientos, cien formas de pensar, de jugar y de hablar, cien siempre cien formas de escuchar, de sorprender de amar

FALO COAS MIÑAS MANS

Escrito por aulaverdeceipsanmarcos 26-03-2017 en voluntariado. Comentarios (0)

Tal e como di o título deste post aprendimos a falar coas mans. Así, por exemplo se tapamos os oídos e non escoitamos como as persoas xordas e alguén nos dí algo non entendemos pero se facemos xestos demosnos conta que sí que nos entendíamos. Por tanto, comezamos a ter intriga pola lingua que empregan as persoas xordas: lingua de signos e quixemos aprender algunas cousas como saúdos: a dicir Ola e Adeus, as cores das clases...

Asimesmo, puxémonos un signo (o noso nome) para cada un/ha de nós e aprendimos as letras do noso nome segundo o alfabeto de signos (alfabeto dactilolóxico). Así nos quedou:

 

Ademáis escoitamos cancións en lingua de signos, ésta por exemplo gústanos moito:

E aproveitando que éste é o mes da poesía recitamos una poesía en libgua de signos aos maiores. E aproveitando que éste é o mes da poesía recitamos una poesía en libgua de signos aos maiores.

Unha aperta !

LEO COAS MIÑAS MANS (BRAILLE)

Escrito por aulaverdeceipsanmarcos 26-03-2017 en voluntariado. Comentarios (0)

Boas tardes,

Durante este trimestre e relacionado co proxecto sobre Voluntariado que estamos a realizar os nenos e nenas de Infantil coñecimos o sistema Braille que empregan as persoas cegas para ler e escribir. Así, os nenos e nenas cegos da ONCE deixáronnos uns contos sobre cómo aprender Braille (con overas) que teñen 6 ocos ao igual que as celdillas e outros con diferentes historias que nos encantaron:

A partir de ahí comezamos a experimentar nós tamén con overas e pompóns para representar diferentes letras seguindonos polo alfabeto braille que tamén nos deixaron:

Asimesmo escribimos o noso nome en Braille buscando cada letra do noso nome no alfabeto braille e colocandoa no puntiño da celdilla correspondente con boliñas de plastilina:

Por último, como nos gustaron tanto estes contos que nos deixaron os nenos e nenas cegos da ONCE decidimos facerlles nós a eles un conto con texturas e olores. Así, decidimos facerlles una adaptación do conto "El libro negro de los colores".



Saúdos !


Entroido, entroidiño !

Escrito por aulaverdeceipsanmarcos 14-03-2017 en Entroido. Comentarios (0)

Boas tardes,

Para celebrar o entroido realizamos diferentes actividades.

Durante toda a semana o Meco foi deixándonos mandadiños coas cousas que tíñamos que traer na cabeza, no pescozo, mans e pes.


Tivemos unha sorpresa: na nosa caixa sobre o proxecto de galicia apareceron fotos de traxes típicos do entroido de diferentes sitios de galicia que fomos colocando no noso mapa.



E

Entre as que estaban as mázcaras de manzaneda das cales nos disfrazamos realizando os sombreiros con cartóns, limpiapipas e flores de papel e os nosos traxes típicos cos que saímos a desfilar xunto con todos os demáis nenos e nenas do cole por Abegondo. Fíxonos moita ilusión que foi a vernos moita xente e compartilo con todos vós.


Á volta degustamos comida típica do entroido: filloas, orellas, rosquillas... estaban riquísimas!




Tamén aprendimos a facer antefaces con materiais de refugallo: con platos de cartón aos que lles fixemos un burato para os ollos e decoramos con diferentes materiais como plumas, pinturas, teas, papeis de cores, purpurina, etc... quedáronnos chulísimas!




Unha aperta !

CANDELARIA

Escrito por aulaverdeceipsanmarcos 07-02-2017 en CANDELARIA. Comentarios (0)

O 2 de febreiro celebramos a candelaria ou candeloria, "o casamento dos paxariños" cando volven para emparexarse e criar. Así, falamos sobre este día, vimos un paxariño no patio e vimos un video sobre diferentes sons de paxaros. Ademáis fixemos os nosos comedeiros para paxaros que levamos para casa con fariña. E como os paxariños nesta época nós tamén intentamos facer os nosos niños con palla que nos trouxo a profe Sofía ademáis de ensinarnos plumas. Pareceunos moi difícil, seguiremolo intentando porque ademáis decatamonos de que nos faltaban paos resistentes... Estas son as fotos que resumen estas actividades:



O MAR CHEGA AO COLE

Escrito por aulaverdeceipsanmarcos 01-02-2017 en omarchegaaocole. Comentarios (0)

Bo día,

Despois da visita ao museo de Bellas Artes na que descubrimos o mar no museo os nenos e nenas de 4 anos realizamos unha instalación sobre o mar. Así, chegaron ao noso cole pedras e cunchas dende a praia da Coruña que vimos no camiño ao museo.

Ao chegar a aula de psicomotricidade encontrámonos con papel continuo cun mandala feito con esas cunchas e pedras mentres de fondo escoitabase o son do mar. Primeiro tivemos un tempo para observar e pensar o que queriamos facer con todo isto. As normas que nós mesmos decidimos foron non tirar nin lanzar as pedras nin as cunchas. A partir de ahí deixamos voar a nosa imaxinación...


Despois de observar en dous espazos comezamos a facer as nosas creacións: individualmente, por parella, en pequenos grupos... Ao principio cada un collía pedras pero pronto nos demos conta que se as xuntabamos poderíamos facer máis composicións. Entre as nosas creacións atopamos unha tarta, unha estrada, un castelo, o mar, mamá, unha cunca para botar mermelada... e probando descubrimos máis cousas: que si as frotabamos facían ruido, que unha delas pintaba, que algunhas estaban molladas xa que viñan do mar, etc.


Chegou o momento de marchar a merendar pero... como podemos recoller isto?  E decidiron deixar as pedras e cunchas agrupadas facendo dúas pequenas composicións semellantes a unha montaña.


Xa na clase tivemos tempo para falar sobre o acontecido. E levamos estas cunchas e pedras para clase para facer no recuncho de artistas individualmente as nosas composicións ás que lles sacamos unha foto e lles puxemos un título, xa que formarán unha exposición no noso corredor. Aquí vos deixamos algunhas fotiños e un video que resume a actividade.

Que bonita experiencia!